Viajes

Hotel Xanela Da Lúa

Estás en: Hoteles de playa > Hoteles Costa de Galicia > Hoteles Muros > Xanela Da Lúa

Hotel Xanela Da Lúa

Casa Rural
Miñarzo 128. Muros (Costa de Galicia) -
desde
0€
persona/noche
Habitación 1

Habitación 2

Habitación 3

Añadir...
un Vuelo

Ofertas Destacadas

     
     
     
     

Hoteles Cercanos

    Información general del Xanela Da Lúa

    Xanela da Lúa é unha típica casa do rural galego que data de finais do s.XIX, foi construida por Donato Dosil quen co seu traballo de buzo no Amazonas recaudou as 103 pesetas necesarias para a compra da pedra.
    Esta casa, situada na ladeira norte da Pedreira mira cara ao monte Pindo, a Fisterra e á inmensa praia de Carnota.
    Foi restaurada no ano 2004 polos descendentes para adicala ao turismo rural, e son os propios clientes os que, ano tras ano fan dela unha casa singular e acolledora.
    A casa consta de seis habitacións dobles, un pequeno salón, onde se conserva a lareira e outras zonas comúns onde poder disfrutar de animadas parolas en grupo, ou da lectura dalgún libro da nosa biblioteca.
    Está rodeada dunha horta con plantas e árbores frutais, onde un se pode relaxar co son do mar.

    Galería de Fotos del Xanela Da Lúa

     

    Localización :

    Xanela da Lúa atópase en Lira, no concello de Carnota.
    Estas terras non só poden presumir de paisaxe senón que tamén contan cun patrimonio cultural amplo e variado, resultado dunha rica historia.
    Da época prehistórica, consérvanse varios petroglifos, destacando o coñecido como "Laxe escrita",descuberto en 1980por un grupo de escolares.
    Da época celta destacar a presenza de varios castros.O mellor conservado é o de Mallou, que ainda presenta restos das murallas e das antigas vivendas. A actual Lira asentouse sobre os restos doutro castro, conservando incluso a estructura circular na disposición das vivendas.
    Mención especial merecen os hórreos carnotáns, sobre todo dous deles, o de Lira e o de Carnota que rivalizan en dimensións e monumentalidade.
    Os 42kms. de litoral do Concello constitúen unha interminable sucesión de praias e areais coa indiscutible beleza da natureza en estado puro.
    O Monte Pindo, considerado como Olimpo Celta, é unha mole de granito de biotita que se eleva 627m. sobre as augas do mar. A súa ladeira norte está atravesada polo tramo final do río Xallas, único río Europeo que desemboca en cascada no mar.
    A 10Kms. a vila de Muros declarada Conxunto Histórico-Artístico en 1970.
    Muros é unha das vilas medievales mellor conservadas de Galicia na que a arquitectura civil está superada polas construccións relixiosas, lembranza da dependencia da Mitra Compostelana.
    A medio camiño entre Lira e Muros está Monte Louro e a lagoa de Xalfas, separada do mar polas dunas da praia do Ancoradoiro, zona de paso de aves migratorias.
    A casa ten unha situación privilexiada, en menos de unha hora podemos chegar a Fisterra, Camariñas, Muxía cara ao norte e a Noia, Castro de Baroña e Dunas de Corrubedo cara o sur. En menos dunha hora podemos desplazarnos tamén a Santiago de Compostela.

    Nota : La ubicación del hotel en el mapa es orientativa.

    El cuestionario de evaluación se envía a los clientes que se han alojado en el Xanela Da Lúa.

    Los comentarios expresan las opiniones personales de los clientes de logitravel.com que han cumplimentado el cuestionario tras su estancia en el hotel. Estas opiniones no representan necesariamente las de logitravel.

    Footer Thawte